facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Años
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

FAGAL e o Colexio Oficial de Traballado Social de Galicia organizan un curso sobre demencias neurodexenerativas

15/2/2019

A Federación Alzhéimer Galicia e o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia poñen en marcha un curso semipresencial de Traballo social e demencias neurodexenerativas.

O obxectivo do curso é achegar o concepto de demencia e o traballo que se realiza coas persoas con demencia e as súas familias dende a perpectiva do traballo social. O curso está aberto a tódolos profesionais do sector sociosanitario.

O equipo profesional encargado de impartir os diferentes módulos abrangue profesionais do ámbito da psicoloxía, traballo social e avogacía, vinculados á Federación Alzhéimer Galicia. Deste xeito asegúrase unha formación multidisciplinar e especializada en demencias que permita o alumnado adquirir ferramentas útiles para o traballo continuado con este colectivo.

A data de inicio é o 1 de abril ata o 31 de xulio, ambos inclusive. As sesións combinarán a modalidade presencial e en liña cunha duración total de 60 horas (50 en liña e 10 presenciais). O lugar no que se realizarán as sesións presenciais será na sede do COTSG, Rúa Dublín nº6. Santiago de Compostela.

  • CALENDARIO E MÓDULOS
  • Abril: Módulo I.- Coñecementos previos ao primeiro contacto profesional cun posible usuario con demencia e co seu coidador principal.
  • Maio: Módulo II.- A figura do Traballador social dentro do equipo multidisciplinar e a súa intervención.
  • Xuño: Módulo III.- Recursos sociosanitarios na atención a persoas cunha demencia neurodexenerativa.
  • Xullo: Módulo IV.- Aspectos legais e profesionais no eido da atención ás persoas cunha demencia neurodexenerativa.
  • As sesións presenciais serán de 5 horas e se impartirán en horario de 16:00 a 21:00 o último venres de cada mes (31 de maio e 28 de xuño)

    • TARIFAS E PREZOS
  • Colexiados/as en activo: 80,00€
  • Colexiados/as en desemprego: 70,00€
  • Non colexiados/as: 150,00€
  • Inscricións na páxina web do Colexio ou no teléfono 981 56 81 00.

    Adjuntos

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar