facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Años
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A Federación Alzhéimer Galicia asiste a inauguración da exposición "Olladas inclusivas:Ninguén ao marxe" de Eapn na Xunta de Galicia

20/2/2019

Hoxe, 20 de febreiro, a Federación Alzhéimer Galicia acudiu a exposición "Olladas inclusivas: Ninguén ao marxe" organizada por Eapn-Galicia na Xunta de Galicia.

A nosa presenza como parte da rede de entidades involucradas na loita contra a pobreza e a exclusión social non era outra que apoiar nesta causa os nosos compañeiros e compañeiras que inciden día tras día na loita para erradicala.

Ademáis como Federación pertencente a Eapn-Galicia colaboramos cunha das 32 demandas realizadas por persoas que padecen nas súas peles a propia exclusión social. No noso eido encontrámonos coa dificultade a que se enfronta a figura coidadora principal dunha persoa con alzhéimer, que na maioría dos casos recae sobre a muller, sendo especialmente difícil poder conciliar o traballo remunerado coas labores propias do coidado ou coa dificultade atopada no acceso o mercado laboral unha vez rematada a súa etapa como coidadora.

O noso presidente, Juan Carlos Rodríguez Bernardez, acudiu tamén o acto mostrando, deste xeito, o seu apoio e recordando que nesta loita todas e todos sumamos esforzos. O acto tamén favoreceu a conversa coas responsabilidades políticas implicadas nestes asuntos, como a Conselleira de sanidade, D. Fabiola Martinez García e o presidente da Xunta de Galicia, D. Alberto Núñez Feijóo.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar