facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Años
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Afaga convoca o V Concurso de Relatos Curtos "Nun recuncho da memoria"

21/2/2019

Un ano máis,  a nosa asociación Afaga presenta o certame de relatos curtos sobre alzhéimer e outras demencias ‘Nun Recuncho da Memoria’ que, nesta ocasión chega á quinta edición.

O concurso diríxese a persoas coidadoras, familiares e, en xeral, a todas as persoas
sensibilizadas con esta doenza ou que lles guste escribir e atopen no envellecemento
ou as enfermidades  neurodexenerativas a súa fonte de inspiración.

Este ano a temática tratará sobre o envellecemento, a enfermidade de Alzheimer ou outras demencias e as relacións sociais e afectivas entre a persoa con alzhéimer e a figura familiar de referencia dos coidados.

Os relatos terán unha extensión dun folio, como mínimo, ou tres como máximo e poderán estar escritos en lingua castelá ou en lingua galega, hai un premio para cada convocatoria.

O prazo de presentación dos relatos finalizará o 8 de abril de 2019.

O premio consiste nunha  tablet  Samsung  Galaxy, un  Smartwatch ou un  eBook (o gañador ou gañadora poderá escoller entre unha das tres opcións).

Bases na web:
https://afaga.com/gl/afaga-concova-el-v-concurso-de-relatos-cortos/

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar