facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Años
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAL Ferrol celebra o entroido nos seus Centros de Día de Ferrol

7/3/2019
  • A asociación propón esta semana dúas xornadas con baile, merenda e diversión nas instalacións de Río Castro e antiga Casa do Mar.
  • Los Nostálgicos de Valdoviño protagonizarán as actuacións estelares.

O Entroido chega esta semana aos Centros de Día xestionados por AFAL Ferrol na cidade naval. Así, a asociación prepara as súas tradicionais festas de disfraces para as persoas maiores que cada día acoden ás súas instalacións para asistir a terapias e obradoiros que perseguen un obxectivo claro: mellorar a súa calidade de vida retardando a progresión da enfermidade e, ao mesmo tempo, ofrecer apoio e o tan necesario respiro familiar ás persoas coidadoras.

Deste xeito hoxe, 7 de marzo, celebraron o Entroido no Centro de Día da Rede Pública de Alzheimer, situado na antiga Casa do Mar. Alí, a partir das 16:15 horas, o equipo organizou unha festa con baile e música e a actuación estelar do grupo Los Nostálgicos de Valdoviño. Así mesmo, para repoñer forzas, as persoas usuarias puideron degustar unha rica merenda con sobremesas típicas da data. Á celebración estiveron convidadas as familias dos maiores.
Mañá venres 8 a partir das 17:00horas, a festa continuará no Centro de Día Terapéutico da asociación (rúa Río Castro, 43-45 baixo Ferrol). Arrancará cunha merenda a base de freixós, orellas e torrixas e, tras esta, maiores e familias poderán gozar da actuación dos Nostálgicos, que ofrecerá o seu repertorio de boleros.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar