facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Años
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A Federación Alzhéimer Galicia ingresa no Clúster da Saúde de Galicia

1/4/2019

O pasado venres 29 de marzo tivo lugar, no salón de actos da FEUGA en Santiago de Compostela, a Asemblea Xeral do Clúster da Saúde de Galicia – CSG- na que se ratificou a solicitude de entrada nesta organización da Federación Alzhéimer Galicia.

O CSG é unha organización sen ánimo de lucro cuxo obxectivo principal é impulsar a competitividade da industria sanitaria de Galicia contribuíndo ao seu desenvolvemento económico e social a través da cooperación entre todas as institucións públicas e privadas relacionadas co sector da saúde. Adicionalmente, é responsable de catalizar unha cooperación efectiva en I + D + i no sector.

Deste xeito a Federación Alzhéimer Galicia continúa a súa traxectoria de levala voz das persoas cunha demencia neurodexenerativa e as súas familias a todas as iniciativas sociosanitarias de Galicia mediante a creación de alianzas cos principais axentes deste sector. E o CSG abre a participación as persoas destinatarias finais das súas iniciativas.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar