facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Andaina Solidaria

17/9/2016
Esta andaina terá lugar o sábado 17 de setembro de 2016 en Santiago de Compostela e nela participarán compoñentes das 13 asociacións que forman parte de FAGAL, así como cidadáns anónimos que queiran achegarse e acompañarnos durante os 4 km de camiño. Ó igual que os peregrinos que chegan a diario á cidade, nós imos a realizar este último tramo do camiño para chegar ó noso lugar de peregrinación que é o Espazo da Memoria.

A andaina dará comezo ás 11h no Monte do Gozo, no monumento adicado a Juan Pablo II, situado na rúa do Gozo. A partir das 10:30h membros de FAGAL repartirán entre os asistentes chalecos distintivos co lema da campaña e botellas de auga e unha barriña enerxética para os participantes, grazas á colaboración de Supermercados Froiz, así como para explicar o percorrido que se vai a realizar e os actos previstos na chegada. Así mesmo, farase unha foto de grupo para inmortalizar este acto.

Esta actividade pretende ser un acto de confraternización entre os membros das asociacións pertencentes a FAGAL e tamén de unión ca xente da rúa, para que coñezan a nosa existencia e que poidan mostrar as súas inquedanzas respecto a esta doenza.

A andaina terá unha duración de 4,5km e estímase que levará arredor de 1 hora e 30 minutos, percorrendo as seguintes rúas da cidade: Rúa do Gozo, Rúa Ponte de San Lázaro, Rúa San Lázaro, Rúa Valiño, Rúa das Fontiñas, Rúa Fonte dos Concheiros, Cruce Avenida de Lugo, Rúa dos Concheiros, Rúa de San Pedro, Travesa de San Pedro, Rúa do Medio e Rúa de Bonaval. A entrada ó Parque realizarase pola entrada lateral situada nesa rúa.

Dende as localidades onde teñen sede as nosas asociacións sairán autobuses para facilitar o desprazamento dos interesados en asistir a esta Andaina. Máis información no 981 595121 ou nos teléfonos das nosas AFAs.

ACTO NO PARQUE DE BONAVAL

Á chegada da andaina solidaria, ás 13:00h está prevista a inauguración deste Espazo da Memoria. O acto comezará ca intervención de personalidades políticas tanto da Administración autonómica coma local, para continuar co discurso do Presidente de FAGAL, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez. Ó remate das intervencións, procederase á prantación da árbore, un Quercus Robur, e a introducción da cápsula do tempo dentro da pedra que contén a praca conmemorativa. Este emprazamento sirve como símbolo da loita contra esta doenza, como homenaxe e recordo a todas esas persoas afectadas no pasado, no presente e no futuro desta doenza en Galicia.

Ó remate do acto, os asistentes disfrutarán dun pequeno aperitivo no patio do Colexio LaSalle

PERCORRIDO





COLABORADORES
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar