facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Gala 20 Aniversario da Federación Alzhéimer Galicia

22/9/2018
Con motivo do 20 Aniversario da Federación Alzhéimer Galicia, terá lugar unha gala solidaria que reunirá en Santiago de Compostela a todas aquelas persoas imprescindibles para o desenvolvemento da federación durante todo este tempo: responsables políticos; representantes e traballadores das asociacións; familiares de persoas con alzhéimer; representantes das entidades do Terceiro Sector; e representantes de entidades privadas que apoian e colaboran con FAGAL.

A data elixida para esta Gala será o día seguinte da conmemoración do Dia Mundial do Alzheimer, sábado 22 de setembro ás 20h. O lugar elixido para a celebración deste evento é a Sala Mozart, no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.

A actriz Lucía Regueiro será a encargada de presentar o evento. Durante a gala os asistentes poderán ver o traballo de FAGAL a través de diferentes videos, nos que se mostrará tanto a evolución da federación en formato entrevista así como o proxecto “Historias de vida”, no que se achegará a visión dos coidadores respecto as súas vivencias no coidado das persoas con alzhéimer. Ademais, o evento contará con discursos de personalidades políticas e representantes de FAGAL, unido á entrega do Premio FAGAL 2018. Para completar esta gala, contarase coas actuacións musicais de Tania Fuegho, Silvia Penide e Fran Allo.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar