facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Galisenior

25/5/2016

A prevención de situación de fraxilidade será o eixo sobre o que xire a 10ª edición de Galisenior, Salón Internacional das Persoas Maiores, que se celebrará en Expourense os días 25 e 26 de maio.

De carácter bienal, Galisenior é a única feira destas características que se celebra no noroeste peninsular e que está especialmente dirixida a un núcleo de poboación que representa o 24% da demografía galega e o 31% no caso da provincia de Ourense. Este salón servirá de plataforma para promover as accións que se están a levar a cabo en Galicia, destinadas a reducir o impacto da dependencia na calidade de vida, tanto de quen a padece como do que exerce de coidador.

A Federación Alzhéimer Galicia estará presente neste evento na xornada do mércores, onde o Coordinador da Oficina Técnica, Javier Hermida, participará na mesa redonda Prevención de Situacións de Fraxilidade en Persoas que Viven Soas., que terá lugar ás 10h. Ademais, acompañados pola nosa asociación AFAOR, FAGAL contará cun stand na zona de expositores para facilitar información sobre o noso traballo ós asistentes a esta feira.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar