facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

II Andaina Solidaria de FAGAL

16/9/2017
Esta II Andaina Solidaria terá lugar o sábado 16 de setembro. Ó igual que o ano pasado, realizaremos o último tramo do camiño ata chegar ao Espazo da Memoria, no Parque de Bonaval. Esta andaina, aínda que o público principal son as familias coidadoras e os membros das nosas asociacións, estará a aberta á poboación en xeral, que poderá unirse a esta actividade e completar con nós os aproximadamente 4 km que separan o punto de inicio da ruta do Espazo da Memoria.

A actividade comezará ás 11h no Monumento a Juan Pablo II, situado na rúa do Gozo. Solicitarase ós asistentes que estean presentes nesta zona ás 10:30h para explicarlles o percorrido que se vai a realizar e os horarios previstos para o acto no Parque de Bonaval.

PERCORRIDO

A andaina terá unha duración de 5,5km e que se estima que levará arredor de 1 hora e 40 minutos e que percorrerá as seguintes rúas da cidade: Rúa das Estrelas, Camiño San Martiño de Aríns, Avda Fernando Casas Novoa, Rúa Miguel Ferro Caaveiro, Rúa San Lázaro, Rúa Valiño, Rúa das Fontiñas, Rúa Fonte dos Concheiros, Cruce Avenida de Lugo, Rúa dos Concheiros, Rúa de San Pedro, Travesa de San Pedro, Rúa do Medio e Rúa de Bonaval. A entrada ó Parque realizarase pola entrada lateral situada nesa rúa.

Este ano modifícase o primeiro tramo da Andaina debido ás obras que se están a realizar na Rúa Ponte de San Lázaro, o que impide o paso de vehículos e peatóns, polo que a duración da Andaina será maior.



ACTO NO PARQUE DE BONAVAL

Trala Andaina, realizarase no Espazo da Memoria, situado na parte norte do Parque de Bonaval, un acto que contará coa presenza de personalidades políticas e membros da Xunta Directiva da Federación Alzhéimer Galicia. O acto está fixado para as 13h.

INSCRICIÓN

A inscrición pode realizarse de maneira gratuita chamando ó 981595121, no correo electrónico administracion@fagal.org ou no seguinte formulario

COLABORADORES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar