facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

II Premios á Sanidade de Galicia

25/2/2016

Sanitaria 2000 celebra a segunda edición dos seus Premios á Sanidade de Galicia. Nun total de 13 categorías se trata de recoñecer as iniciativas de interese, as boas prácticas e as traxectorias destacadas, tanto individuais como colectivas, do sector, incluíndo a profesionais sanitarios das diversas categorías e especialidades, colexios, sociedades científicas, asociacións de pacientes, centros de saúde, hospitais, así como institucións e empresas que desenvolven a súa actividade no ámbito sanitario da rexión.

A Federación Alzhéimer Galicia estará presente no acto como Nominada na categoría de Asociación de Pacientes, xunto coa Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC) e coa Asociación de Nenos e Nenas con Diabete de Galicia (Anedia).

O evento, que contará co patrocinio de Oximesa, Previsión Sanitaria Nacional e Roche, terá lugar no San Francisco Hotel Monumento (Campillo de San Francisco, 3) de Santiago, o día 25 de febreiro a partir das 17 h.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar