facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Presentación do Manual "Terapia Ocupacional en Alzhéimer e outras demencias"

20/9/2016

A Federación Alzhéimer Galicia organiza a presentación do manual Terapia Ocupacional en alzhéimer e outras demencias, que dará comezo ás 17h no Salón de Actos da Casa das Asociacións de Cornes, en Santiago de Compostela. O manual será presentado pola autora principal, Noelia Ríos, terapeuta ocupacional en AFAL Ferrolterra, e polo presidente da Federación Alzhéimer Galicia, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez.

O manual foi elaborado polos terapeutas ocupacionais das asociacións que compoñen FAGAL o pasado ano, co obxectivo de ser unha referencia para terapeutas ocupacionais que interveñen na abordaxe das demencias.

Este acto inclúese dentro da campaña polo Día Mundial do Alzheimer, posta en marcha pola Federación Alzhéimer Galicia baixo o lema “Marcándolle o paso ó alzhéimer”.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar