facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

"FAGAL é quen de crear un espazo para o acordo e o entendemento, no que se comparten valiosas experiencias"





AGADEA, que forma parte de FAGAL desde a súa constitución, comparte a satisfacción e a ledicia do seu vixésimo aniversario.

Durante estes vinte anos as asociacións de Alzheimer de Galicia, entre elas AGADEA, foron e son chave nas súas áreas xeográficas de actuación no que respecta á atención e o apoio ás persoas afectadas e aos seus coidadores.

FAGAL supuxo un fito importante desde a súa orixe e conforma unha institución sen a cal non se podería entender a notable evolución, crecemento e profesionalización das AFAS galegas.

A Federación Galega é quen de crear un espazo para o acordo e o entendemento, no que se comparten valiosas experiencias, constituíndo un nexo común entre as asociacións que a conforman, chegando a ser unha canle de comunicación e representación fundamental para a defensa unificada das necesidades que expresan, a través do tecido asociativo, o importante colectivo de persoas afectadas de alzhéimer e as súas familias.

Compre, por tanto, neste vinte aniversario, facer visible a importancia que ten a Federación Alzheimer Galicia no desenvolvemento do traballo que, día a día, realizan as asociacións integrantes na procura da mellora continua da calidade de vida das persoas afectadas e da sociedade da que forman parte.

Isabel Gey Pérez
Presidenta de AGADEA
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar