facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

"No futuro, da man de FAGAL, seguiremos dando grandes pasos e seguiremos sendo referentes no Terceiro Sector Galego"





A nosa Federación FAGAL celebra o seu 20 aniversario: 20 anos de historia, 20 anos facendo camiños, 20 anos facendo memoria.

AFAGA foi unha das catro asociacións, xunto con AGADEA, AFACO y AFAOR, que participou na constitución da Federación, polo que fomos testemuñas do punto de inflexión que significou o nacemento de FAGAL. A Federación permitiu unificar criterios para ter unha única voz en toda Galicia en defensa das persoas que padecen alzhéimer e das súas familias; creou vínculos estreitos entre as asociacións xa existentes e as que foron nacendo; deu pé á creación de novas asociacións locais; en definitiva, converteuse nun vehículo de cohexión sen o cal hoxe non percorreriamos nin a metade do camiño que xa avanzamos.

Doutra banda, FAGAL conseguiu a unión transversal entre entidades con diferentes fins, pero un mesmo obxectivo: a defesa dun colectivo desfavorecido, sexa por unha causa ou outra. A cooperación entre diferentes asociacións deu pé a ter unha voz máis forte e potente no recoñecemento dos dereitos de diversos colectivos, a reivindicar con máis forza as necesidades destas persoas, a dar maior visibilidade ás súas realidades. E, sobre todo, a traballar unidos pola defensa da dignidade das persoas e das súas familias.

Por todo isto, desde Afaga, Decana das asociacións de familiares de alzhéimer galegas, estamos orgullosos de ter unha Federación tan prolífica e con tanto potencial. E estamos seguros que no futuro, da man de FAGAL, seguiremos dando grandes pasos e seguiremos sendo referentes no Terceiro Sector Galego.

Juan Carlos Rodríguez Bernárdez
Presidente de AFAGA
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar