facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Grupo de Traballo en Demencias - FAGAL



Este Grupo de Traballo en Demencias foi creado a finais de 2014 e está conformado por profesionais do sector social, sanitario e da investigación en demencias que buscan potenciar unha serie de liñas de traballo común para mellorar a calidade de vida das persoas que sofren algún tipo de demencia. As liñas de traballo prioritarias son as seguintes:
  • Asistencia socio-sanitaria
  • Investigación
  • Sensibilización Social
  • Prevención
Podes consultar o listado de membros do Grupo de Traballo en Demencias.

O Grupo de Traballo en Demencias decidiu, nunha das súas xuntanzas, asumir e promover o manifesto que xurdiu da Primeira Conferencia Ministerial da OMS sobre a loita mundial contra a demencia, celebrada o pasado mes de marzo en Xenebra (Suiza) e que reuniu a 80 países con expertos das comunidades de investigación, clínicas e ONG para discutir como, colectivamente, poderían avanzar na acción sobre a demencia a nivel mundial.

O Grupo quere trasmitir a súa defensa deste manifesto, que supón unha chamada á acción para facer fronte a esta enfermidade que afecta a uns 47 millóns de persoas en todo o mundo, e mostra a súa preocupación pola falta de participación do Goberno de España nesta conferencia, nunha cuestión que considera de prioridade pública.

Así mesmo, o pasado 1 de setembro o Grupo decidiu publicar un decálogo que explica como está a situación das demencias na actualidade, especialmente en Galicia, e que remata cunha serie de reivindicacións ás institucións públicas co obxectivo de mellorar a situación que estamos a vivir neste senso.

Adxuntos

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar