facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Misión, visión e obxectivos

Misión

A misión de FAGAL é mellorar a calidade de vida das persoas que sofren alzhéimer e outras demencias e dos seus coidadores. Por ese motivo, FAGAL traballa en fortalecer ás Asociacións de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias (AFAS) galegas e colaborar en xerar cambios na sociedade en favor destas persoas e dos seus coidadores

Visión

FAGAL quere ser unha organización referente, forte, unida e aberta a todas as necesidades das persoas con alzhéimer e outras demencias e dos seus coidadores para dar unha resposta integral, de calidade ou na busca da excelencia na xestión próxima. Tamén quere impulsar a creación de recursos e o desenvolvemento da investigación.

OBXECTIVOS

  1. Representar e ser portavoz do conxunto de Asociacións de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Galicia, nascuestións que sexan competencia federada.
  2. Promover o desenvolvemento e cumprimento dos fins das asociacións integradas en FAGAL.
  3. Defender os dereitos e o cumprimento dos deberes das distintas asociacións federadas, sen perxuízo da lexitimación que corresponde a cada unha delas.
  4. Prestar a todas as asociacións federadas asesoramento e axuda nos temas vinculados ós fins da Federación.
  5. Promover actuacións destinadas a mellorar a situación das familias e unha mellor atención ás persoas afectadas.
  6. Reclamar das autoridades e organismos públicos a creación dunha infraestrutura de apoio (psicolóxico, axuda a domicilio...) ás familias e unha atención continuada, integral e interdisciplinar para as persoas afectadas.
  7. Reclamar a creación de centros específicos para a atención destas persoas afectadas.
  8. Promover a realización por parte da Administración Pública dun censo de persoas afectadas de alzhéimer existentes en Galicia.
  9. Desenvolver actividades de sensibilización social respecto á problemática que esta enfermidade provoca.
  10. Colaborar con outras organizacións semellantes, provinciais, autonómicas, estatais ou doutro país, que participen total o parcialmente dos fins desta Federación, en aquelas cuestiones que sexan de interese mutuo.
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar