facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Misión, visión e valores

MISIÓN

A misión de FAGAL é mellorar a calidade de vida das persoas que sofren alzhéimer e outras demencias e dos seus coidadores. Por ese motivo, FAGAL traballa en fortalecer ás Asociacións de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias (AFAS) galegas e colaborar en xerar cambios na sociedade en favor destas persoas e dos seus coidadores

VISIÓN

FAGAL quere ser unha organización referente, forte, unida e aberta a todas as necesidades das persoas con alzhéimer e outras demencias e dos seus coidadores para dar unha resposta integral, de calidade ou na busca da excelencia na xestión próxima. Tamén quere impulsar a creación de recursos e o desenvolvemento da investigación.

VALORES

  • Solidariedade: Desde a Federación Alzhéimer Galicia axúdase tanto ao usuario como aos seus coidadores familiares a través de cursos de formación, información e sensibilización así como mediante o acompañamento e o voluntariado nas diferentes asociacións.
  • Compromiso social: Desde a Federación facemos que se comprenda a enfermidade e buscamos a implicación de toda a sociedade na loita contra esta.
  • Dignidade das persoas: A Federación Alzhéimer Galicia busca a dignidade das persoas con demencia e das súas familias, evitando o estigma e a exclusión que a longo prazo lles afectan.
  • Honestidade e excelencia: Desde a Federación Alzhéimer Galicia realízase un traballo eficiente e recoñecido por outras entidades, sendo transparente ante todos os grupos de interese e ante a sociedade.
  • Traballo en rede: A federación considera fundamental crear sinerxias de traballo entre as entidades que a compoñen e con outras entidades que compartan os mesmos valores e obxectivos.
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar