facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

O Concello de Friol e AFALU poñen en marcha servizos terapéuticos de estimulación cognitiva dentro do Programa Rede Paraugas

27/7/2017

O Concello de Friol e a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas de Lugo (AFALU) asinaron a pasada semana un acordo que ten por obxectivo principal a prevención e o apoio ós familiares que conviven cada día con persoas afectadas desta enfermidade neurodexenerativa.

Para iso porase en marcha un servizo terapéutico para estes pacientes no Concello de Friol, incluíndoo así no marco do Programa Rede Paraugas Alzheimer da Fundación Barrié e a Federación Alzheimer Galicia, e que levará a cabo AFALU.

Á sinatura asistiron José A. Santos, Alcalde do Concello de Friol; Mauro Mourín, Primeiro Tenente de Alcalde e Médico de Familia; e por parte de AFALU, Mª Carmen Pena, presidenta de AFALU; e Iria Franco, Coordinadora das Unidades Terapéuticas de AFALU.

O alcalde recalcou “o fin é poñer a disposición dos veciños e veciñas un recurso novo no que traballarán profesionais desta doenza e así axudar a mellorar o día a día de familiares e enfermos”, mentres que a presidenta de AFALU sinalou “a importancia de chegar a todo o mundo que, por desgraza, sufra esta enfermidade e o agradecemento ó Concello, concretamente ó seu Alcalde, o interese amosado e o apoio dende o primeiro momento”. Nun principio a ubicación para impartir este tipo de asesoramento, tratamento e axuda será no Centro Sociocultural de Friol e non suporá custe algún para os afectados.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar