facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

1ª Reunión do grupo de demencias

5/12/2014

1ª Reunión do grupo de demencias

Onte tivo lugar na Sede de FAGAL, en Santiago de Compostela, una reunión dun grupo de traballo conformado por profesionais do sector da atención e investigación en demencias que contou coa presenza de profesionais e colectivos de todos os sectores implicados.
En dita reunión expúxose a necesidade de poner en común as experiencias e coñecementos que dende uns e outros ámbitos se van acumulando pero carecen de circulación no sector, así como a de potenciar una serie de liñas de traballo común.
As liñas de traballo prioritarias que se acordaron foron as seguintes:
- Asistencia socio-sanitaria
- Investigación
- Sensibilización Social
- Prevención

Así mesmo falouse de ir traballando na configuración dunha estrutura organizativa que dea cabida a esta plataforma de cara un futuro e a ampliala con novas incorporacións que desexen participar en dita iniciativa.

A dita reunión asistiron:
- Juan Carlos Rodríguez (FAGAL)
- Isabel Gey (FAGAL)
- Isabel González-Abraldes Iglesias (Grupo de investigación en Xerontoloxía – UDC)
- Fernando Díaz Fernandez (Grupo de Investigación en Neurociencia Cognitiva
Aplicada e Psicoxerontoloxía –USC)
- Arturo X. Pereiro Rozas (Psicólogo USC)
- David Facal Mayo (Psicólogo xerontólogo e membro da Sociedade Galega de
Xeriatría e xerontoloxía)
- Dra. Mar Magariños Losada (Xeriatra do Servizo de Xeriatria do HULA)
- Dr. José Manuel Aldrey (Neurólogo)
- Dr. Alfredo Robles (Neurólogo)
- Dra. Mª José Moreno (Neuróloga)
- Mónica Serrano Soto (CEESG Geix, Grupo de Estudos e Intervención Xeragóxica)
- Carlos Spuch (Biólogo investigador)

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar