facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Máis de 200 persoas reivindican os dereitos das persoas con alzhéimer e os seus coidadores na II Andaina Solidaria de FAGAL

18/9/2017
  • Trátase do acto central organizado pola federación con motivo da súa campaña “Recorda quen son” polo Día Mundial do Alzheimer.
  • O acto foi inaugurado polo Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, o Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, e a Tenente de Alcalde de Santiago, María Rozas.
  • A andaina finalizou no Espazo da Memoria, inaugurado o pasado ano en recordo das persoas con alzhéimer.

A Federación Alzhéimer Galicia celebrou este sábado a II Andaina Solidaria con motivo do Día Mundial do Alzheimer, e que deu comezo ás 11h no Monte do Gozo, en Santiago de Compostela. Máis de 200 persoas asistiron a este evento, que reuniu a familiares de persoas con alzhéimer e traballadores das asociacións galegas, e que se inclúe dentro da campaña “Recorda quen son” posta en marcha pola federación.

O evento foi inaugurada polo Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, o Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, a Tenente de Alcalde de Santiago, María Rozas, e o Presidente de FAGAL, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez. O responsable da carteira de política social detallou a intención do goberno de seguir desenvolvendo novos recursos para as persoas con alzhéimer no vindeiro ano. Pola súa banda, o Conselleiro de Sanidade destacou a importancia de traballar en conxunto para mellorar a atención dos afectados. Por último, a edil compostelá reiterou o compromiso do concello na colaboración coa federación e a asociación santiaguesa AGADEA.

A Andaina percorreu os 5,5km que separan o Monte do Gozo co Parque de Bonaval, onde, ó remate da andaina, ás 13h, realizouse un acto institucional no Espazo da Memoria, emprazamento en recordo dos afectados pola doenza e as súas familia inaugurado en 2016.

Tralo acto, os asistentes dirixíronse cara a zona sur do Parque, onde puideron continuar a xornada festiva disfrutando dun xantar amenizado coa actuación da Tuna de Dereito. Ademais, os asistentes puideron unirse á campaña #RecordaQuenSon, facéndose fotografías nun photocall instalado para a ocasión.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar