facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

21 de Marzo - Dia Mundial da Síndrome de Down

21/3/2018

Hoxe 21 de marzo conmemórase o Día Mundial da Síndrome de Down, unha data na que se pretende concienciar á sociedade para que as persoas ca síndrome de Down, un colectivo de máis de 35.000 persoas, conten cos apoios e entornos axeitados onde podan demostrar a súa valía e crecer levando unha vida autónoma e formando parte da súa comunidade de forma visible e activa.

Desde a Federación Alzhéimer Galicia sumámonos a esta conmemoración, apoiando así ós nosos compañeiros da Federación Down Galicia na campaña que se está a desenvolver a nivel nacional baixo o título "Auténticos", que pretende que a sociedade se achegue máis á maneira de ser, pensar e sentir deste colectivo. Así mesmo , aproveitando esta data, é importante destacar a necesidade de poñer en marcha estratexias conxuntas entre ambas entidades, debido ó aumento da incidencia das demencias en persoas ca síndrome de Down nos últimos anos, e que se plasmou nun convenio de colaboracións entre FAGAL e Down Galicia.

Coñece máis sobre os actos que preparan os nosos compañeiros de Down Galicia na seguinte ligazón

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar