facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

21 de Xuño, Día Mundial contra a Esclerose Lateral Amiotrófica

21/6/2017

Hoxe, 21 de Xuño, conmemórase o Día Mundial contra a ELA (Esclerose Lateral Amiotrófica), unha enfermidade dexenerativa de tipo neuromuscular que afecta en España a máis de 3.000 persoas e da que se coñecen 3 casos novos cada día. Este Día é aproveitado polas asociacións de todo o país para dar visibilidade á enfermidade e facer as reclamacións do colectivo co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos afectados.

A Federación Alzhéimer Galicia quere unirse a esta conmemoración, apoiando ás entidades que traballan tanto en Galicia como noutras comunidades, e queremos compartir a mensaxe principal da campaña deste ano, que se centra na necesidade de aumentar os recursos en investigación. Así mesmo, queremos aproveitar este Día para volver a poñer o aceno na necesidade do recoñecemento automático do 33% de discapacidade das persoas diagnosticadas dunha enfermidade neurodexenerativa, un aspecto que vimos reclamando as entidades que traballamos dia a dia coas persoas afectadas.

Podes coñecer máis desta campaña e as súas reclamacións no seguinte enlace: www.plataformaafectadosela.org

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar