facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

5 de Novembro, Día Internacional das Persoas Coidadoras

3/11/2017

Este domingo 5 de novembro conmemórase o Día Internacional das Persoas Coidadoras, unha data na que se recoñece o papel e a dedicación e coidados que os familiares destinan ás persoas maiores dependentes.

A Federación Alzhéimer Galicia únese a esta conmemoración, poñendo en valor o traballo diario que realizan os coidadores de persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas. Tal e como reclamamos nos últimos anos e reiteramos na campaña polo Día Mundial do Alzheimer, debemos recoñecer a figura da persoa coidadora e dos seus dereitos, visibilizando a súa labora ante a sociedade.

Para iso, esta data ten que servir para reclamar o acceso ás persoas coidadoras a recursos tanto para un mellor coidado como para evitar situación de exclusión social dos coidadores, incluíndo ás persoas excoidadoras.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar