facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Aberta a inscrición á IX Carreira Popular de Chantada a beneficio de AFACHANTADA

13/3/2018

O vindeiro sábado 14 de abril terá lugar no Concello de Chantada a IX Carreira Popular desta localidade, que reunirá a centos de corredores de diversas idades e que se inclúe dentro do V Circuito Miño Ulla de Carreiras Populares.

Esta edición da proba ten un claro carácter solidario, xa que os corredores e as corredoras que se inscriban poderán facer unha aportación económica á nosa asociación AFA Chantada, que traballa na localidade para mellorar a calidade de vida das persoas con alzhéimer e as súas familias.

A IX Carreira Popular de Chantada comezará ás 17h, coa saída dos máis novos desde a Praza do Mercado do Concello, e que terán varias categorías para competir. Tamén terán a oportunidade de participar persoas con discapacidade, que poderán formar parte da carreira pola integración. Para rematar, ás 18:15H será o turno da categoría absoluta, que terá unha distancia para percorrer de 10km.

A organización desta carreira agarda a participación de preto dun milleiro de corredores. Así, a inscrición a esta carreira xa está aberta na páxina web www.championchipnorte.com.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar