facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Aberta a inscrición ó obradoiro de risoterapia organizado por AFABER

29/1/2018

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Bergantiños, AFABER, abriu o prazo de inscrición para o seu obradoiro de risoterapia, que comezará o vindeiro 6 de febreiro na sede da asociación, en Carballo.

Neste obradoiro a entidade quere ofrecer ás persoas coidadoras un espazo para que poidan disfrutar por unhas horas a través dos recursos expresivos do corpo, danzas e xogos como medio de liberar a risa sincera, que proporciona beneficios fisiolóxicos, psicolóxicos, emocionais e sociais.

Científicamente, está comprobado que a risa franca, a gargallada, achega múltiples beneficios: rexuvenece, elimina o estrés, tensións, ansiedade, depresión, colesterol, adelgaza, alivia a dor, o insomnio, problemas cardiovasculares, respiratorios... Mentres rimos libérase gran cantidade de endorfinas, responsables da sensación de benestar. A risa ofrece aceptación, comprensión, ledicia, creatividade, relaxación, abre os nosos sentidos e axuda a transformar as nosas pautas mentais.

Este obradoiro desenvolverase os martes de febreiro e o primeiro do mes de marzo en horario de 10:15 a 11:30, e será de balde para os interesados. A inscrición pode realizarse no local de AFABER na rúa Camelias, 2 – baixo (en horario de 16:00h. a 20:00h) ou nos teléfonos 981 758 545 e 625 980 691.

Imaxe: La Voz de Galicia

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar