facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFABER organiza unha charla sobre o alzhéimer na parroquia carballesa de Sofán

23/4/2018

Este martes, 24 de abril, terá lugar no centro social da parroquia de Sofán, no Concello de Carballo, ás 21:00 h. unha charla informativa para a poboación xeral e, en especial, para os familiares de persoas con algunha demencia neurodexenerativa.

A charla estará dirixida por Lara Rodríguez, psicóloga cunha ampla experiencia no campo das demencias e nas terapias de familias e grupos, e por Beatriz Crespo, terapeuta ocupacional de AFABER.

Esta charla foi solicitada pola asociación de veciños San Salvador de Sofán, e ten como obxectivos informar sobre a enfermidade de Alzheimer e o traballo que realiza AFABER, fomentando o apoio no medio rural en materia de demencias.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar