AFABER clausura o curso "Coidándose para coidar mellor" no Concello de Ponteceso
21/6/2018

Hoxe terá lugar na Casa da Cultura de Ponteceso a última sesión e a clausura do Curso “Coidándose para coidar mellor” organizado por AFABER coa colaboración do Concello de Ponteceso. Este curso forma parte do Programa Formativo que a entidade dirixe a persoas coidadoras de persoas con alzhéimer ou outra demencia neurodexenerativa.
O curso, que tivo unha duración de 10 horas repartidas en 5 días, foi dirixido pola psicóloga Lara Rodríguez de las Heras e contou coa asistencia dun total de 20 persoas, que puideron realizar o curso de balde grazas ao apoio do Concello de Ponteceso.
Durante a clausura e posterior entrega dos certificados a todas as asistentes asistirán representantes de AFABER e do concello de Ponteceso.