facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFABER clausura nestes días os obradoiros de memoria que viña desenvolvendo pola comarca de bergantiños

27/5/2019

AFABER levou a cabo durante os últimos meses talleres de memoria en Coristanco, Ardaña, Carballo, Cabana de Bergantiños e Sisamo. Estes talleres estiveron destinados persoas sen deterioro cognitivo co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida, potenciando as súas capacidades e autonomía.

A continuación amósanse as datas da clausura dos talleres:

  • Luns 27 de Maio: Clausura Asociación Santa María de Traba (Coristanco)

No pasado mes de outubro a asociación comezou a impartir un taller de memoria para maiores a solicitude da Asociación de veciños Santa María de Traba (Coristanco). Dona Laura Barca Garrido foi a técnica de AFABER encargada de dirixir estes talleres os luns en horario de 10:00 a 11:00 no Edificio Multiusos do concello de Coristanco. A clausura do taller será o vindeiro luns 28 de maio as 11:00 h no Edificio Multiusos do concello de Coristanco. Á entrega asistirán o Presidente da Asociación de veciños Santa María de Traba, Don Gabriel Mansilla García, o membro
da xunta directiva de AFABER Don José Ayala e a Técnica de AFABER e docente do curso Dona Laura Barca.

  • Mércores 29 de Maio: Clausura Asociación veciñal Santa María de Ardaña (Carballo)

No mes de maio a asociación comezou a impartir un taller de memoria para maiores a solicitude da Asociación de veciños Santa María de Ardaña (Carballo). Dona Bea Crespo foi a técnica de AFABER encargada de dirixir estes talleres os luns en horario de 10:00 a 11:00 no local social de Ardaña. O curso comezou tivo moi boa acollida e foi un gran éxito, pois as prazas estiveron cubertas dende que se iniciou o curso. A clausura será o mércores 29 de maio ás 11:00 h. no local social. Á entrega asistirán a presidenta da Asociación de veciños Santa María de Ardaña, Carmen Calvelo, a membro da xunta directiva de AFABER Ma Carmen Suárez e a Terapeuta de AFABER e docente do curso Bea Crespo.

  • Mércores 29 de Maio: Clausura das actividades no pazoda

O vindeiro mércores día 29 de maio ás 20:30 horas na sede de AFABER na Rúa Camelias 2 Baixo en Carballo terá lugar o acto de clausura dos diferentes obradoiros. Os alumnos asistentes a estes obradoiros recollerán os seus certificados de mans do presidente da entidade Jesús M. Villar Antelo. Os obradoiros que se clausurarán serán:

- Obradoiro de entrenamento da memoria.
Comezou no mes de outubro do 2018. Levouse a cabo os mércores de 18:00 horas a 19:30 horas no pazo da Cultura e contou cunha participación de 25 persoas, todas elas maiores de 60 anos.

- Talleres de iniciación á informática e redes sociais
Levouse a cabo ós martes no Aula CEMIT do Pazo da Cultura dende nos meses de marzo, abril e maio e contou cunha participación de 13 persoas.

  • 30 de Maio: Clausura en Cabana de Bergantiños

No pasado mes de outubro a asociación comezou a impartir un taller de memoria para maiores a solicitude do Concello de Cabana de Bergantiños.
Bea Crespo, terapeuta ocupacional da asociación, foi a encargada de dirixir estes talleres os xoves en horario de 17:00 a 18:30 no centro social de Neaño.

A clausura do taller será o vindeiro xoves 30 de maio as 18:15 h no centro social de Neaño, no concello de Cabana de Bergantiños. Á entrega asistirá persoal do concello, da xunta directiva de AFABER e a terapeuta de AFABER e docente do curso Bea Crespo.

  • 31 de Maio: Clausura na Asociación Santiago Apostol de Sisamo (Carballo)

No pasado mes de outubro a asociación comezou a impartir un taller de memoria para maiores a solicitude da Asociación vecinal Santiago Apostol de Sisamo (Carballo). Bea Crespo, terapeuta ocupacional da asociación, foi a encargada de dirixir estes talleres os venres en horario de 11:00 a 12:00 no local social da parroquia. A clausura do taller será o vindeiro venres 31 de maio ás 12:00 h no local social de Sisamo. Á entrega asistirán membros da asociación veciñal, da xunta directiva de AFABER e a terapeuta de AFABER e docente do curso Bea Crespo.
Para os interesados en ampliar información sobre os nosos programas e servizos poden facelo en AFABER, na rúa Camelias, 2 – baixo (en horario de 16:00h. a 20:00h) ou nos teléfonos de costume: 981 758 545 ou no 625 980 691, así como a través do correo afaber@xestion.net

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar