facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFABER clausura o curso "Coidándose para coidar mellor" no Concello de Malpica

25/9/2018

Hoxe martes 25 de setembro terá lugar a última sesión e a clausura do Curso “Coidándose para coidar mellor” organizado por AFABER coa colaboración do Concello de Malpica. Este curso forma parte do Programa Formativo que AFABER dirixe a persoas coidadoras de persoas afectadas polo alzhéimer ou outra demencia neurodexenerativa.

O curso, que tivo unha duración de 10 horas repartidas en 5 días, foi dirixido pola psicóloga Lara Rodríguez de las Heras. Ao curso asistiron un total de 20 persoas, todas elas o puideron facer de balde grazas ao apoio do Concello de Malpica a esta actividade formativa.

A clausura e posterior entrega dos certificados a todas as asistentes será ás 12:30 no centro cívico do concello de Malpica. Ao acto asistirán MªCarmen Suárez, membro da xunta directiva de AFABER; Beatriz Crespo, terapeuta da entidade; Eduardo Parga Veiga, Alcalde de Malpica; e Marisol Blanco Gorín, Concelleira de Servizos Sociais.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar