facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFABER clausura os seus obradoiros desenvolvidos en Carballo, Coristanco e Cabana de Bergantiños

28/5/2018

AFABER comeza a clausurar os obradoiros de memoria que puxo en marcha nos últimos meses en Carballo, Coristanco e Cabana de Bergantiños, e dirixidos a persoas sen deterioro cognitivo co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida, potenciando as súas capacidades e autonomía.

Este luns será o turno do curso desenvolvido na Asociación Santa María de Traba de Coristanco, cun acto que comezará ás 11h no Edificio Multiusos do concello de Coristanco. Á entrega asistirán o Presidente da Asociación de Veciños Santa María de Traba, Gabriel Mansilla, o membro da xunta directiva de AFABER José Ayala e a técnica de AFABER e docente do curso Laura Barca.

Dous días despois, a sede de AFABER será o lugar onde se celebrará a clausura do obradoiros de memoria, informática, redes sociais e pilates realizados en Carballo. Os alumnos e alumnas recollerán, ás 20:15h, os seus diplomas de mans da concelleira de Igualdade e Benestar de Carballo, Mª Carmen Ures.

Por último, o xoves será o día no que se clausurará o obradoiro de memoria impartido pola asociación en Cabana de Bergantiños. A entrega de diplomas terá lugar ás 18h no Centro Social de Neaño, á que asistirán o alcalde do concello, José Muíño, o membro da xunta directiva de AFABER, José Ayala, e a terapeuta ocupacional de AFABER e docente do curso, Beatriz Crespo.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar