facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFABER pon en marcha un curso especializado en demencias para persoas coidadoras no Concello de Ponteceso

4/6/2018

AFABER continua co seu Programa Formativo destinado ás coidadoras e coidadores habituais de persoas con demencia. Así, o vindeiro luns 11 de xuño, asociación levará a cabo o curso “Coidándose para coidar mellor” no concello de Ponteceso.

Este curso está dirixidos aos coidadores habituais de persoas afectadas pola enfermidade de Alzheimer e/ou outras demencias, ou persoas con dependencia. Esta formación persegue mellorar a saúde psicoemocional, mellorando así o benestar e a calidade de vida das persoas coidadoras.

O curso, que será totalmente de balde para os interesados e conta coa colaboración do Concello de Ponteceso, terá lugar os días 11, 12, 13, 18 e 19 de xuño en horario de 10:30 a 12:30. Esta formación desenvolverase na Casa da Cultura de Ponteceso (Biblioteca Municipal).

As listas para asistir ao curso están abertas, polo que os interesados poden inscribirse en servicios sociais do Concello de Ponteceso no número 981714000 ou a través da asociación nos teléfonos 981 758545 e 625 980691.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar