facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFABER pon en marcha o seu curso de Pilates para persoas coidadoras

12/3/2018

O pasado venres tivo lugar a primeira sesión do Curso de Pilates organizado pola Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Bergantiños, AFABER. Esta actividade, impartida por Rebeca Pereira e dirixida especialmente a persoas coidadoras, contou coa asistencia de 12 socias da entidade.

As sesións teñen lugar na sede de AFABER os mércores de 10:00 a 11:00 e
venres de 20:00 a 21:00, e teñen como obxectivo fundamental mellorar a saúde psico-emocional das coidadoras de persoas con alzhéimer.

Por outra banda, AFABER continúa a desenvolver os grupos de apoio que dirixe a psicóloga Lara Rodríguez. Así, o vindeiro mércores 14 de marzo, ás 16h, terá lugar unha nova sesión no centro de maiores de Cesullas, no Concello de Cabana de Bergantiños.

Cursos de informática e redes sociais

Así mesmo, a asociación de Carballo tamén desenvolve cursos de novas tecnoloxías no que aínda quedan prazas libres. Así, o curso de Redes Sociais realizarase os mércores, en horario de 10:30 a 11:30h no Pazo da Cultura da localidade carballesa, mentres que o curso de Informática terá lugar os martes no mesmo horario e no mesmo emprazamento.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar