facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFABER entrega hoxe os premios do IV Concurso de Fotografía sobre alzhéimer

20/12/2018

Hoxe terá lugar no local da Asociación de Familiares do Alzheimer da comarca de Bergantiños (AFABER), ás 20:15 horas, a exposición das fotografías participantes e a entrega de premios do IV concurso de fotografía sobre o alzhéimer que realizou a asociación.

O evento está aberto á asistencia de calquera persoa interesada en ver a exposición, que se fará coas fotografías participantes. No concurso participaron máis de 18 persoas, aficionados e profesionais da fotografía, que puideron enviar ata un máximo de tres fotografias que aboradan a enfermidade de Alzheimer, en calquera dos seus aspectos, pero facendo especial énfase en transmitir o día a día das persoas con esta doenza, e en potenciar e destacar o papel da familia da persoa afectada pola enfermidade.

Asi mesmo, tamén se realizará a entrega de premios aos catro gañadores do concurso: co primero premio Xabier González Barca, en segundo lugar Uxía Carreira Moscoso, terceiro Mª Lourdes Rey Fau e co accésit José M. Pérez Pena.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar