facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFABER organiza en Carballo o "Día do Respiro Familiar"

11/6/2018

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Bergantiños, AFABER, organiza para o sábado día 16 de xuño ás 14:30h o “Día do Respiro Familiar” no Xardín das Camelias, en Carballo. A celebración consistirá nunha gran churrascada para todos os socios e os seus familiares.

Durante a xornada os asistentes poderán gozar das fotografías das actividades e dos diferentes traballos elaborados polos usuarios do centro que a asociación ten na localidade.

As persoas interesadas poden inscribirse nos teléfonos da asociación, 981 758 545 e o 625 980 691, ou achegarse ata o local na Rúa Camelias número 2.

Clausura Grupos de apoio

Ademais a asociación está clausurando os grupos de apoio a familiares levados a cabo nos distintos concellos de Carballo e Cabana de Bergantiños. Así, o pasado día 6 rematou ata o mes de setembro o grupo que se reúne no local de AFABERm mentres que este venres día 13 será o turno do que se realiza no Centro de Maiores de Cesullas.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar