facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFABER pon en marcha unha nova edición do seu Programa de Envellecemento Activo

29/10/2018

AFABER comezará o vindeiro día 7 de novembro unha nova edición do seu Programa de Envellecemento Activo a través dos talleres de memoria. Este ano desenvolveranse no Pazo da Cultura do Concello de Carballo os mércores de 18 a 19:30 horas.

Estes obradoiros para estimulación da memoria están baseados nun modelo de intervención funcional, para previr a perda de memoria, a lentitude nos procesos do pensamento e os bloqueos. Manter o cerebro activo e estimulado axudan a previr o deterioro cognitivo.

Os talleres están dirixidos a persoas maiores de 60 anos, sen deterioro cognitivo e interesadas en previr a perda de memoria asociada ao proceso de envellecemento.

Todas aquelas persoas que queiran recibir máis información ou concertar unha cita cos profesionais de AFABER poden poñerse en contacto nos teléfonos 981758545 e 625980691 ou no enderezo electrónico afaber@xestion.net.

Horario de mañá

Coa intención de dar resposta a todas as demandas que chegan a AFABER, a asociación comezou o pasado 15 de outubro o seu novo horario de mañá, de luns a venres de 10 a 13h.

Con este aumento do horario, a entidade puido aumentar as prazas do centro para o Programa de Estimulación Cognitiva e Psicomotriz dirixido a persoas con problemas de memoria, ou afectadas polo alzhéimer e/outra demencias.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar