facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFACHANTADA organiza unha obra teatral para recadar fondos para a asociación

11/1/2018

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Chantada, AFACHANTADA, organiza unha nova actividade para recadar fondos para os proxectos que a entidade quere poñer en marcha neste ano 2018. Así, a asociación celebra este sábado, 13 de xaneiro, un evento solidario que consiste nunha obra de teatro co título "Unha vella pouco faladora". Esta actividade terá lugar no Auditorio Municipal de Chantada ás 18:30 horas.

A obra estará interpretada polas actrices e actores Carmen Arias, Mariluz, Carlos Redondo e Pilar Álvarez, que pertencen o grupo chantadino "Tócalle o navo". A entrada é gratuita e facilitarase un espazo para achegas económicas voluntarias para AFACHANTADA.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar