facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAGA convoca o IV Concurso de Relato Curto "Nun Recuncho da Memoria"

27/12/2017

Un ano máis, AFAGA presenta a cuarta edición do certame ‘Nun Recuncho da Memoria’ dirixido a coidadores, familiares e, en xeral, a todas as persoas sensibilizadas con esta doenza ou que lles guste escribir e atopen no envellecemento ou as enfermidades neurodexenerativas a súa fonte de inspiración.

Nesta ocasión, hai unha novidade na temática, que tratará sobre a enfermidade de Alzheimer enfocada desde a visión dos coidadores e a familia (cónxuxe, fillos, netos,…) ou as relacións sociais da persoa enferma e/ou dos coidadores familiares.

Os relatos poden estar escritos en lingua castelá ou en lingua galega, polo que haberá un premio para cada convocatoria. O premio consiste nunha tablet Samsung Galaxy, un Smartwatch ou un eBook (o/a gañador/a escollerá unha das tres opcións).

O prazo de presentación dos relatos abriuse o 20 de decembro de 2017, e finalizará o 20 de febreiro de 2018. A extensión será, como mínimo, dun folio e medio e como máximo, de tres.

Máis información e bases en: http://afaga.com/gl/afaga-convoca-iv-concurso-relato-corto/

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar