facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAGA imparte na Cañiza unha charla sobre alzhéimer, dentro do programa Red Paraguas

11/5/2015
  • O obxectivo da charla é dar a coñecer a enfermidade nas comarcas rurais de Galicia.
  • A charla vai ser impartida por Aroa Vázquez, traballadora social da Asociación de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias de Galicia(AFAGA)
  • O Salón de Actos do Concello será o lugar de celebración da actividade, ás 18:00h.

AFAGA imparte mañá martes 12 de maio ás 18:00h no Salón de Actos da Casa do Concello de A Cañiza unha charla sobre o alzhéimer e as demencias, co fin de impulsar a relación entre as familias de persoas con alzhéimer e os servizos sociais. O principal obxectivo desta actividade, organizada pola Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias (FAGAL) e a Fundación Barrié e englobada dentro do Programa Red Paraguas, é a detección de necesidades e familias afectadas para resolver as súas dúbidas.

Impartida pola traballadora social da asociación, Aroa Vázquez, a charla fará un percorrido polas causas que levan a sufrir a demencia, así como o síntomas iniciais que se mostran nas persoas afectadas, como a perda de memoria ou a desorientación. Asi mesmo, a evolución e as etapas da enfermidade tamén será unha parte importante da actividade, xa que a charla está dirixida tanto a persoas que sofren os efectos de ter un familiar con alzhéimer como aquelas persoas interesadas en coñecer máis sobre esta enfermidade que se estima que afecta en Galicia a unhas 96.000 persoas.

O Programa Red Paraguas, creado en 2013 e renovado neste ano 2015, trátase dun amplo programa de actividades e servizos que busca mellorar a atención e a calidade de vida das familias coidadoras de persoas enfermas de alzhéimer, a través dun convenio asinado entre a Fundación Barrié e a Federación Galega de Alzhéimer (FAGAL).

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar