facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAGA presentou o libro de relatos curtos sobre alzhéimer ‘Nun Recuncho da Memoria’

2/10/2017

Con motivo do Día Mundial do Alzheimer, AFAGA presentou o libro de relatos curtos ‘Nun Recuncho da Memoria’, editado pola propia asociación viguesa e impreso pola Deputación de Pontevedra.

Este libro recolle unha pequena mostra dunha sucesión de relatos que chegaron a AFAGA ao longo das tres edicións do concurso de relato curto ‘Nun Recuncho da Memoria’. Son pequenos retrincos de sensacións, vivencias, emocións, inspiracións,… que os seus autores plasmaron nun papel e quixeron compartir con AFAGA.

O libro está editado en galego e en castelán, e conta con prólogos do xornalista Fernando Franco e do escritor Francisco Castro. Poderase comprar a través da web: www.afaga.com ou nos centros de Afaga.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar