facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAL Ferrol achega o alzhéimer aos nenos e nenas do CPI O Feal a través das terapias coa cadela Nala

29/4/2019
  • O proxecto de concienciación no centro completarase coa visita dos nenos e nenas de 3 e 4 anos aos centros de día para coñecer aos maiores Ferrol, 26 de abril de 2019.

Nenos e nenas de 3 e 4 anos do CPI O Feal de Narón tomaron parte esta semana na nova actividade de sensibilización sobre o alzheimer promovida por AFAL Ferrolterra coa colaboración do Concello. A petición do centro educativo, e no marco do proxecto que desenvolven para fomentar o contacto con animais entre o alumnado, a educadora social de Afal Ferrol Rebeca Freire acudía este mércores e xoves para explicarlles aos máis pequenos a terapia asistida con animais que realiza AFAL nos seus centros de día. E facíao acompañada de Nala, a cadela de terapia. Ademais, tomaba parte tamén o educador canino Javier Sánchez, do centro de educación canina Lobos de Naraío, e o seu can Silva.

En primeiro lugar, Rebeca presentou a Nala a través dun sinxelo conto con imaxes moi representativas. Ao seu termo, nenos e nenas coñeceron á cadela e realizaron diversas actividades da mesma forma que o fan os maiores con alzheimer
nos centros de día. Unha forma diferente e participativa para achegar a enfermidade e a labor da entidade aos máis pequenos.

Pero a actividade non remata aquí, xa que nenos e nenas visitarán proximamente o
centro de día de Afal para coñecer aos maiores nun encontro interxeracional no que tamén participará, como non, Nala. Será os días 9 de maio no Centro de Día da asociación en Río Castro, de 11,30 a 12,30 horas, e o día 15 de maio no Centro de Día da Rede Pública, no mesmo horario.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar