facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAL conmemora venres o Día Mundial do Alzheimer cunha charla, iluminando de lila a consistorial e coa súa Cea Solidaria

20/9/2018
  • A prestixiosa neuróloga Mercedes Macías ofrecerá na asociación, con entrada libre, a ponencia “Trastornos da conduta nas demencias”.
  • Co colaboración do Concello de Ferrol, a casa consistorial teñirase de cor lila para dar visibilidade á doenza e ós afectados

AFAL Ferrolterra conmemorará mañá venres, Día Mundial do Alzheimer, tan destacada data con toda unha serie de actividades. A partir das 16 horas, a prestixiosa neuróloga Mercedes Macías, ofrecerá unha charla informativa baixo o título “Trastornos da conduta nas demencias”. Con entrada libre e gratuíta, desenvolverase na sala de usos múltiples da asociación –rúa Río Castro, 43-45 baixo Ferrol-. Nesta liña, a presidenta de AFAL, Ana María López, agradece a colaboración da doutora Macías, recentemente incorporada ao equipo de AFAL para mellorar a atención que a asociación ofrece ás persoas afectadas de alzheimer e outro tipo de demencias.

Ademais, sobre as 20,30 h, e grazas á colaboración do Concello de Ferrol, a casa consistorial da cidade iluminarase de cor lila para dar visibilidade á enfermidade e ás persoas afectadas e os seus coidadores, sensibilizando sobre a loita contra o alzheimer. Unha iniciativa que promove FAGAL a nivel galego, nas principais cidades da Comunidade.

Conselleiro de Política Social

E, pechando a xornada, o Spa Sercotel Odeón, en Narón, será escenario da Cea Solidaria Anual de AFAL. Unha cita á que confirmaron asistencia máis dun centenar de persoas. Entre elas, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, o senador Angel Mato ou o deputado provincial e alcalde de Ortigueira Juan Penabad, así como alcaldes e representantes dos municipios das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal como Narón, Marián Ferreiro; Fene, Gumersindo Galego; Valdoviño, Alberto González; Pontedeume, Bernardo Fernández; Neda, Anxo Alvariño; Cabanas, Germán Castrillón, Cedeira, Pablo Moreda, Ferrol, Álvaro Montes… A cea incluirá o tradicional photocall, baixo o lema #NonMeEsquecerei, a actuación estelar do grupo Los Zares, que volve colaborar con AFAL un ano máis, ou o sorteo dunha morea de agasallos entre os asistentes. Unha cita para compartir e, ao mesmo tempo, colaborar coa acción da asociación.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar