facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAL Ferrol abre o prazo de inscrición para o Curso Abordaxe nas Demencias

2/5/2019
  • A acción formativa está declarada de interese sanitario polo Sergas.

Afal Ferrolterra promove unha nova edición do seu Curso Abordaxe nas Demencias. Unha acción formativa declarada de interese sanitario polo Sergas, que inclúe prácticas nos centros de día xestionados por AFAL.

O prazo de inscrición xa está aberto para as persoas interesadas e poden anotarse nas oficinas de AFAL –rúa Río Castro, 43-45 baixo Ferrol- ou chamando ao teléfono 981 37 06 92.
A acción desenvolverase do 20 de maio ao 7 de xuño.

O curso busca dotar as persoas coidadoras da información, coñecementos e habilidades necesarias para desenvolver de forma eficaz o seu papel. E, para iso, estará impartido por un equipo multidisciplinar integrado por especialistas en logopedia, psicoloxía, educación social, terapia ocupacional, enfermería e fisioterapia. Consta de 30 horas de duración estruturado en fase teórica (unha semana de luns a venres de 10 a 13 horas) e fase práctica (outra semana de 11 a 14 horas ou de 15,30 a 18,30 horas ata completar 15 horas).

Entre os seus contidos, abordaranse os coidados que precisa a persoa dependente
ou o propio persoa coidadora, así como as claves para mellorar a calidade de vida nun e noutro caso.

O custo do curso é de 30 euros para os socios e socias de AFAL e de 50 para aspersoas non asociadas.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar