facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAL Ferrol e a Asociación de Veciños de Limodre promoven unha charla sobre alzhéimer

14/2/2019

AFAL Ferrolterra e a Asociación de Veciños de Limodre, en colaboración co Concello, organizan mañá venres unha charla informativa sobre o alzhéimer. Será no local social da entidade veciñal, a partir das 18,30 horas e con entrada libre. A iniciativa forma parte do calendario de charlas que está a desenvolver AFAL Ferrol no municipio de Fene para achegar á veciñanza esta doenza e os servizos que a asociación pon a disposición de persoas afectadas e familias.

Nesta liña, a presidenta de AFAL Ferrol, Ana María López, quere agradecer a colaboración brindada pola AVV e sinalou que as entidades veciñais interesadas en acoller unha charla destas características tan só teñen que poñerse en contacto con AFAL Ferrol (r/Río Castro, 43-45 baixo Ferrol ou teléfono 981 37 06 92).

Este venres, a charla correrá a cargo da directora asistencial de AFAL, Noelia Ríos, e do director de administración, José María Otero. Encargaranse de abordar tanto a enfermidade como as terapias e os servizos que ofrece AFAL no seu centro de día terapéutico, así como na asociación, tanto para persoas con alzhéimer como para as súas familias e socios/as.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar