facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAL Ferrol ofrece dende onte en Narón obradoiros de estimulación cognitiva en estadíos iniciais

8/5/2019
  • Dirixidos a persoas diagnosticadas de deterioro cognitivo leve ou en fases iniciais de alzhéimer, o seu obxectivo é retardarar a evolución.

  • Celebraranse no local da AVV de Piñeiros martes e xoves.

AFAL Ferrolterra descentraliza en Narón os seus Talleres de Estimulación Cognitiva en Estadíos Iniciais para persoas afectadas de alzhéimer ou outras demencias. Así, desde onte, a asociación ofrece este tipo de terapia no local social da AVV de Piñeiros –Estrada de Castela s/n (xunto ao Colexio de Piñeiros)- grazas á cesión de uso por parte do Concello. As familias interesadas neste novo servizo poden solicitalo ou obter máis información nas oficinas de AFAL –rúa Río Castro, 43-45 baixo, Ferrol ou teléfono 981 37 06 92-. As sesións, de dúas horas de duración, celebraranse semanalmente os martes e os xoves de 16 a 18 horas, e o custo da actividade é de 100 euros mensuais (para socios) e de 120 para os que non o sexan.

Este tipo de talleres ofrecen unha abordaxe integral a persoas diagnosticadas de deterioración cognitiva leve ou en fases iniciais de alzhéimer e, para iso, dispóñense grupos reducidos de persoas homoxéneas, de modo que se ofreza unha intervención individualizada próxima ao contorna socio-familiar da persoa.

Con eles, realízase unha intervención precoz individualizada sobre os primeiros síntomas para atrasar o avance da deterioración, mantendo as capacidades cognitivas e a autonomía o maior tempo posible. E, en particular, téntase potenciar/manter as funcións cognitivas, así como ofrecer estratexias compensatorias que reduzan o impacto da deterioración na vida da persoa e a das súas familias; evitar/reducir síntomas psicolóxicos de malestar asociados á enfermidade; fomentar a autonomía persoal o máximo tempo posible, ou evitar o illamento e fomentar o mantemento de habilidades sociais mediante a interacción con persoas con capacidades similares.
Ademais, ofrécese apoio psicosocial aos familiares das persoas usuarias por medio de asesoramento individual e reunións grupais de apoio.

A intervención ofrecida ás persoas afectadas baséase no tratamento non farmacolóxico (estimulación cognitiva, orientación á realidade, estimulación cognitiva lúdica, reminiscencia, psicomotricidade, intervención logopédica).

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar