facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAL Ferrol ofrece unha charla informativa sobre alzhéimer en Laraxe

10/4/2019

AFAL Ferrolterra ofrecerá unha charla sobre alzheimer no Local Social de Laraxe este venres, 12 de abril, a partir das 18,30 horas. Con entrada libre e gratuíta, estará impartida pola terapeuta ocupacional Noelia Ríos, directora dos centros de día da entidade, así como por José María Otero, director de administración, e nela abordarase en que consiste a enfermidade, os seus principais síntomas e modo de afrontala, entre outros aspectos.

A charla tamén incluirá unha quenda de preguntas para que o público teña a posibilidade de expoñer as súas inquedanzas e consultas. Nesta liña, a presidenta de AFAL, Ana María López, convidou á cidadanía para asistir e participar na mesma.

Esta iniciaiva é posible grazas á colaboración da SCRYD San Mamede de Laraxe.
Respecto diso, Ana María López lembrou que AFAL ofrece a entidades e concellos da
súa área de influencia a posibilidade de acoller charlas informativas sobre a doenza.

O obxectivo non é outro que sensibilizar a sociedade sobre o alzhéimer.
Así, para acollerse á iniciativa tan só deben dirixirse a AFAL Ferrolterra a través do enderezo electrónico afalferrolterra@afalferrolterra.com, ou no teléfono 981 37 06 92 ou ben poden solicitalo nas propias instalacións da entidade,
situadas na rúa Río Castro, 43-45, baixo Ferrol.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar