facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAL Ferrol organiza unha charla sobre o abandono, adopción e beneficios dos animais de compañía nas persoas maiores

2/4/2019
  • O novelista Juan Manuel Carmona impartirá este venres a ponencia, que organizan El Hogar de Wilbur e AFAL Ferrolterra.

A protectora El Hogar de Wilbur e AFAL Ferrolterra únense para ofrecer este venres 5 de abril unha charla informativa sobre o abandono de mascotas e a adopción delas por parte das persoas maiores. Será na sede de AFAL Ferrol ( r/Río Castro, 43-45 baixo), a partir das 16,30 horas e con entrada libre.

O relatorio correrá a cargo do escritor Juan Manuel Carmona, autor do libro "72 horas". Unha novela que narra a historia de Aarón, un can abandonado na canceira pola súa familia, que só dispón de 72 horas para atopar unha nova familia ou ser sacrificado. É unha novela que pretende ser o reflexo da realidade de todos os animais que esperan unha segunda oportunidade e as dificultades ás que teñen que facer fronte as persoas que, de maneira altruísta, tentan axudalos.

O autor do libro estará acompañado por un membro da protectora e na charla
abordaranse os seguintes temas: Impacto social do abandono de animais; necesidades dos animais que están ao coidado de persoas maiores; apoio ás persoas maiores e aos seus familiares que non poden continuar co coidado das súas mascotas (por enfermidade ou ingreso nunha residencia); procedemento da protectora no fomento da adopción responsable de animais; beneficios dos animais de compañía para as persoas maiores, e sensibilización e concienciación sobre o coidado, atención e educación dunha mascota.

A maiores, a técnica de AFAL Ferrol Rebeca Freire impartirá unha pequena charla informativa sobre as terapias con animais que se desenvolven na entidade.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar