facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAL Ferrolterra amplía ós sábados a prestación do servizo de transporte ó seu centro de día

5/1/2018
  • A asociación quere que os desprazamentos non supoñan obstáculo para que os maiores asistan ás terapias durante esta xornada e favorecer tamén o respiro familiar ós seus coidadores.

A presidenta de AFAL, Ana María López, anunciou esta mañá que a asociación comezará a prestar o servizo de transporte ó seu centro de día terapéutico tamén os sábados. Será a partir do 13 de xaneiro, ampliando así un servizo que xa se presta de luns a venres. Explica que, con esta medida, a asociación quere evitar que os desprazamentos ás instalacións supoñan un obstáculo para que os maiores asistan ás terapias durante esta xornada. Ademáis, subraia que de este xeito se favorece o necesario respiro familiar ós seus coidadores.

Lembra que AFAL abre as portas do seu centro de día terapéutico –rúa Río Castro, 43-45 baixo Ferrol- tamén os sábados. Unha medida implantada o pasado mes de outubro a petición das familias. Ata a data, son dez as persoas afectadas de alzheimer e outras demencias as que acoden durante ese día. O horario é o habitual do centro, de 9 a 19 horas e AFAL ofrece a posibilidade de acodir á xornada completa ou media xornada. No só iso, o servizo pode solicitarse tamén de forma puntual en caso de necesidade.

Por último, Ana María López lembra que calquer persoa afectada pode acceder a el dándose de alta como socio.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar