facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAL Ferrolterra e Asociación de Veciños promoven unha charla sobre alzhéimer en San Pablo

16/4/2018
  • Terá lugar este venres a partir das 19 horas no local social.

AFAL Ferrolterra e a Asociación de Veciños San Pablo organizan este venres, 20 de abril, unha charla informativa sobre o alzhéimer. Será no local social da entidade veciñal, a partir das 19 horas, e con entrada libre. A iniciativa forma parte do calendario de charlas que está a desenvolver AFAL nos diferentes barrios e parroquias da cidade de Ferrol para achegar á veciñanza esta doenza e os servizos que a asociación pon a disposición de persoas afectadas e familias. Así, no marco do ciclo, sucedéronse ata o momento as ponencias en Esmelle, Caranza, Ultramar e Canido. Nesta liña, a presidenta de AFAL, Ana María López, quere agradecer a colaboración brindada polas entidades veciñais para facer posible o proxecto e sinalou que as AVV interesadas en acoller unha charla destas características tan só ten que poñerse en contacto con AFAL (r/Río Castro, 43-45 baixo Ferrol ou teléfono 981 37 06 92).

Este venres, a charla correrá a cargo da directora asistencial de AFAL, Noelia Ríos, e do director de administración, José María Otero. Encargaranse de abordar tanto a enfermidade como as terapias e os servizos que ofrece AFAL no seu centro de día terapéutico, así como na asociación, tanto para enfermos como para familias e socios.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar