facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAL Ferrolterra e AVV promoven unha charla sobre alzhéimer no centro cívico de Caranza

31/1/2018
  • Terá lugar este xoves, 1 de febreiro, no salón de actos a partir das 19,30 h.

AFAL Ferrolterra continúa co calendario de charlas informativas sobre o alzhéimer nos diferentes barrios e parroquias de Ferrol. Unha iniciativa que leva a cabo en colaboración coas diferentes asociacións de veciños da cidade. Tras inaugurar o programa en Esmelle, a asociación de familiares de enfermos de alzheimer e outras demencias invita á cidadanía a acudir mañá xoves, 1 de febreiro, ó salón de actos do centro cívico de Caranza, onde ofrecerá unha nova charla. Será a partir das 19,30 horas con entrada libre.

Nesta liña, a presidenta de AFAL, Ana María López, agradece a colaboración prestada pola Asociación de Veciños Cuco Ruiz de Cortázar, que axudou en todo para facer posible a iniciativa.

Mañá xoves, serán a directora asistencial e terapeuta ocupacional de AFAL, Noelia Ríos, e o director de administración, José Otero, os encargados de abordar a enfermidade e, tamén, os diferentes tratamentos non farmacolóxicos que ofrece a asociación nos seus centros de día para as persoas afectadas e os servizos que presta ás familias. Así mesmo, ó remate das súas exposicións abrirase un turno para que o público asistente traslade as súas dúbidas ou inquedanzas.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar