facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAL Ferrolterra inicia a campaña “Empresas que non te esquecen” para sumar socios colaboradores

8/1/2018
  • A asociación fai un chamamento á solidariedade do tecido empresarial.

AFAL Ferrolterra iniciaba a finais do pasado ano a campaña “Empresas que non te esquecen”. Unha campaña de captación de socios entre o tecido empresarial da comarca coa que, segundo explica a presidenta da asociación, Ana María López, “queremos ampliar a gran familia que é a nosa asociación”. Sinala que “a axuda máis pequena suma e resulta vital para levar a cabo os nosos programas e servizos a favor das persoas afectadas de alzheimer e outras demencias”. Precisamente, en apenas unhas semanas, a entidade xa sumou adhesións en forma de entidades colaboradoras. E, nesta liña, Ana María López fai un chamamento para continuar nesa liña.

A presidenta de AFAL, xunto á secretaria, Susana González, desprazábanse esta mañá ata Talleres Lumar, a última empresa en sumarse á iniciativa, para agradecerlles a súa implicación e entregarlles o distintivo que os acredita como empresa colaboradora.

Convertirse nunha delas non require unha cuota fija, senón a aportación que se estime ou poida. Unha aportación que se traducirá en recordos vivos e apoios fundamentais a familias e coidadores.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar