facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAL Ferrolterra leva ó CEIP A Gándara de Narón o seu programa de sensibilización sobre o alzhéimer

9/6/2017
  • Representou para o alumnado de 2º de Primaria o contacontos con títeres “La abuela necesita besitos” e, este venres, o de 5º participarán no circuito “Ponte na súa pel”

AFAL Ferrolterra, en colaboración co CEIP A Gándara de Narón, leva ó centro educativo o seu programa de sensibilización sobre o alzhéimer para a infancia “O Alzhéimer na Escola”. Así, a semana pasada, o equipo da asociación achegou a enfermidade ó alumnado de segundo curso de Educación Primaria a través do seu contacontos con títeres “La abuela necesita besitos”, baseado no libro de Ana Bergua e Carmen Sala. Unha historia dirixida ós máis pequenos que aborda as vivencias, en primeira persoa, dunha nena cuxa avoa é diagnosticada de alzhéimer. E, este venres, 9 de xuño, AFAL regresará ó centro para ofrecer unha charla informativa ós estudantes de quinto curso de Primaria.

Non só iso, tamén invitaralles a participar posteriormente no Circuito “Ponte na súa pel”. A través do mesmo, os estudantes poderán facerse unha idea de como se sinte a persoa afectada pola enfermidade. O Circuito, que guían diferentes profesionais e voluntarias da entidade, consta de cinco estacións onde se propoñen diferentes probas, como intentar poñerse unha chaqueta con tres ou catro mangas; escribir sinxelos exercicios nun papel cun guante de boxeo; encestar unha pelota nunha canasta cas mans atadas ou subir uns pequenos escalóns con zapatos de paiaso. Unha forma de ver as dificultades que os afectados atopan en actos tan rutinarios do día a día debido ó deterioro ou perda de facultades. E unha efectiva fórmula de concienciación en torno ó alzhéimer con moi boa acollida entre os máis pequenos.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar